Estamos no mes de maio, e a Concellería de Medio Ambiente ten previsto desenvolver unha ampla programación dentro do programa de Camiño a Camiño: percorridos de día completo pola Serra do Galiñeiro e pola Serra do Morrazo (22 maio), Andaina polos montes de Vigo (15 maio; nesta semana iniciarase a inscrición cando se faga a rolda de prensa), Visita á Ribeira Sacra (o luns 9 iniciarase a inscrición para a primeira quenda 21-22 maio; o luns 16, para a segunda quenda 28-29 maio) e outras actividades (ver programación).
Percorridos pola Serra do Galiñeiro (previsión favorable: todo o día; previsión mala: só de mañá).
Principiando polo que ven para esta vindeira semana, o domingo 8 de maio preténdese ter unha intensa experiencia ao longo de todo o día na Serra do Galiñeiro, con varios percorridos alternativos e con escalada da man de Montañeiros Celtas. Esta programación poderíase ver alterada se se confirma a previsión de choiva, quedando reducida a actividade únicamente a pola mañá e, nese caso, suspendida a actividade de escalada.
Está previstas dúas alternativas de vivir con intensidade o Galiñeiro, aparte da experiencia de escalada para o grupo que así o escolla.
a) Percorrido curto:
intensa pero asequible para calquera participante (percorrido vermello, 12,3 km, dificultade media). Principiamos en Vilaverde (Zamáns) cara a antiga canteira de cuarcita, logo seguiremos os sendeiro local de Zamáns e dirixirémonos cara a base do Monte Galiñeiro en Gondomar.
Visitaremos varios puntos de interese: o refuxio natural da Cova da Vella, o pretroglifo da Auga da Laxe, o curro de Vincios e e a mámoa do Cha dos Bromús.
Os que queiran poderan subir á Loma da Zorra, para logo dirixirnos todos cara o chan Doural, que será onde comamos.
O percorrido da tarde será opcional (percorrido azul claro, 5,7km, dificultade baixa). Os que non o fagan xa se dirixirán directamente a media tarde cara os autobuses (2,1 km)
b) Percorrido longo:
esixente, con percorrido extenso e cresteando pola serra (percorrido vermello; 14,7 km; dificultade alta). Principiamos igualmente en Vilaverde pero neste caso dirixímonos cara a ermida da virxe das Neves en Herbille.
Logo irase cara o coto Mediodía, baixando ata a aldea de O Saramagal, para dirixirse á Loma da Zorra e, por un sendeiro moi pendente, dirixirnos á cima do Galiñeiro (vértice xeodésico), nomeado "a botella".
Seguirase cara a Cova da Becha, para logo de ollar unhas vistas expléndidas, dirixirse cara a antiga fortaleza do Galiñeiro e o antigo castro que alí había. Finalmente dirixirémonos cara o chan Doural, onde comeremos.
O percorrido da tarde (percorrido azul claro, 8,2km, dificultade media) irá cara a zona que estiveron os do percorrido pola mañá, pasando por debaixo do refuxio de Montañeiros Celtas, e logo dirixíndose cara Vilaverde.
c) Escalada con percorrido asociado.
Aqueles interesados en iniciarse na escalada (idade mínima 10 anos, certa preparación física tanto para acceder ao lugar como para facer a escalada; nesesario levar zapatillas con bo debuxo para agarrar e roupa cómoda -non levar vaqueiros- e roupa de abrigo para o vento, incluído gorra), inscribiranse nun grupo específico no 010.
Ao chegar a Vilaverde xa se dirixirán cara as vías de escalada, tendo que pasar por un empinado sendeiro que parte do Refuxio Miguel Regueira de Montañeiros Celtas. Abordarse a primeira parte da vía "Cornos do Demo", unha das primeiras vías abertas en Galiñeiro. A actividade realizarase sobre un granito Gneis de excelente adherencia e calidade, polos seus múltiples agarres. Ademáis ten unhas vistas impresionantes que van dende Baiona a Rande, pasando por Cíes e os montes do Mauxo.
Segundo a inscrición faranse dous ou tres grupos de escalada, de xeito que mentres uns se inician na técnica de escalada de mans de experimentados escaladores de Montañeiros Celtas, outros realizarán o percorrido que se amosa a continuación.