A semana que principia o 11 de abril vai estar condicionada por abundantes precipitacións segundo todas as previsións, habendo posibilidade de que o domingo 17 vaia remitindo.
Motivado por isto, a Concellería de Medio Ambiente de Vigo procede a modificar a programación de percorridos medioambientais do seguinte xeito:
Substitución do percorrido "Serra do Suído" por "Faro Budiño"
Vistas as condicións nas que estaba a Serra do Suído esta semana cando se foi a preparar o percorrido, e vista a choiva que vai cair durante toda a semana, decídese anular este bonito percorrido polo igualmente atractivo de Faro Budiño que houbo que suspender por alerta laranxa.
Aos efectos de inscrición procederase do seguinte xeito:
a) Aqueles/as participantes que xa dispoñen de ticket de Faro Budiño da semana pasada únicamente teñen que comunicar no 010 que queren repetir en Faro Budiño
b) Os/as que queiran facer o percorrido e non teñan ticket, inscríbense no 010 e logo teñen que pasar a pagar por Casa da Xuventude.
c) Os/as que tiñan praza en Faro Budiño e non poidan ir á edición do 17 de abril, poden pasar por Casa da Xuventude para solicitar a devolución a cambio do ticket.
Actividades de voluntariado e hortas urbanas
Levaranse a cabo as actividades só no caso de que se produzan claros que permitan desenvolvelas con normalidade. No caso das hortas, estarán abertas e decidirase in situ en cada momento.