O voluntariado de Camiño a Camiño colaborou activamente nas labouras de conservación e de limpeza nas Illas Cíes que a Concellería de Medio Ambiente de Vigo realiza en colaboración co Parque das Illas Atlánticas.
Na segunda quenda participaron 38 voluntarios e voluntarias, que, dada a previsión climatolóxica, se incorporaron escalonadamente entre mércores e xoves e que finalmente tiveron que rematar o venres pola tarde. A pesares da molladura da volta, os ánimos estaban altos e o sentimento era de tarefa cumprida.
A actividade do voluntariado foi recollida na nova do Faro de Vigo deste venres 25 de abril (premer aqui) e nas reportaxes compartidas da Quenda 1 por José Luis Gayoso (premer aquí) e da Quenda 2 por Edu García (premer aqui). En breve subirase unha solapa de Fotos Voluntariado cun resume de fotos das dúas quendas.