A Concellería de Medio Ambiente, nesta primeira semana de marzo ten previsto realizar a segunda parte do percorrido polo río Lagares, no curso baixo, así como realizar os cursos de iniciación ao voluntariado e as hortas urbanas.
Percorridos medioambientais: concas fluviais de Vigo
O percorrido principia na Avenida de Madrid e lévanos as zonas húmidas de Goberna e de Muiños e, como non, a Xunqueira do Lagares. Ao remate faremos un tramo de costa para achegarnos ás praias da Calzoa, a Foz e finalizar en Samil. Trátase dunha ruta moi sinxela e apta para todos os públicos.
Cursos de formación
Nesta semana, dende o luns 29 de febreiro, podémonos inscricibir no Curso de iniciación ao voluntariado medioambiental, que terá lugar o sábado 5 de marzo, as 10:00, en Vigozoo. É gratuíto e habilíta para participar tanto no voluntariado urbano de conservación de espazos de interese medioambiental de Vigo (Lagares, Monte da Guía, Areais e Illas Cíes) como no voluntariado de sendeiros. É requisito estar empadroado en Vigo.
Cos mesmos días e os mesmos requisitos, terá lugar a inscrición para o Curso básico de hortas urbanas, que terá lugar tamén en Vigozoo o vindeiro sábado 5 de marzo, as 10:00. Neste caso o curso ten un custe de 5 euros e habilita para participar nas hortas-escolas promovidas pola Concellería de Medio Ambiente.