Un nutrido grupo de voluntarios e voluntarias de Camiño a Camiño (premer aqui para ver as fotos) celebrou o habitual xantar de peche de tempada coa presenza de participantes tanto no voluntariado urbano como no voluntariado de sendeiros e de hortas.
Durante a sobremesa tívose tempo para facer repaso de momentos interesantes en Cíes, no Monte de A Guía, na horta de Ramón Nieto ou Fontáns ou nos distintos sendeiros, entre outros.
Tamén agredeceuse á Concellería de Medio Ambiente por posibilitar poder colaborar en facer pouco a pouco unha cidade máis vivible.
Aproveitouse, por último, a oportunidade para desexar bo nadal a todas e todos os participantes de Camiño a Camiño.