O segundo percorrido polos hábitats da ría de Vigo vai desenvolverse no entorno das Salinas de Ulló, en Vilaboa. Trátase dunha auténtica xoia medioambiental, onde en pouco espazo pódense atopar diversos hábitats: dende areais, pradeiras mariñas de seba, xunqueiras e lagoas, ata amieirais, pequenas carballeiras, etc.
Unha vez superada as salinas, dividiranse os grupos en dous percorridos:
- o curto, que irá pola costa cara Arcade e permitirá observar de preto a enseada de San Simón.
- o longo, que se dirixirá cara un lugar con moita historia e moi boa perspectiva da enseada de San Simón: Monte da Peneda. Atravesarase Pontesampaio ata acadar ao final a capela da Virxe das Neves da Peneda.