Despois dunha xornada intensa e moi reconfortante pola Serra do Galiñeiro e con final no Monte Aloia, escomenzamos esta semana as visitas aos hábitats arredor da ría de Vigo.
A primeira das etapas aborda a Fraga de Moaña seguindo o curso do río da Fraga. Iremos vendo como cambia a vexetación a medida que subimos polo cauce do río, podendo contemplar unha auténtica fraga de ribeira con multitude de especies vexetais e animais.
A ruta curta, de dificultade media, continúa polo río ata o nacemento, proseguindo logo ata Chan de Armada, lugar emblemático co seu dolmen ben conservado.
A ruta longa, de alta dificultade, nun momento da ascensión polo río sepárase para ascender aos cumios do Faro Domaio, o Jaján eo Coto do Home, dende onde se observa o fondo da ría de Vigo e se pode comprobar como os piñeirais ou o mato substitúen á fraga.