Co arranque do mes de xullo princípianse as quendas de cinco días para o voluntariado medioambiental de Camiño a Camiño. Máis de 100 persoas están inscritas para todo o verán e arredor de 3500 horas de voluntariado serán as que previsiblemente se leven a cabo.
A acción programada pola Concellería de Medio Ambiente de Vigo en colaboración cos técnicos do Parque Nacional das Illas Atlánticas combina actuacións de conservación de flora con limpeza de areais e sensibilización aos visitantes sobre o feito de estar nun Parque Nacional.
Precisamente para prepararse nestas tarefas, onte martes tivo lugar unha acción de formación por parte de Vicente Piorno, Conservador do Parque, no que se abordaron os valores naturais das Cíes e os desafíos a abordar.
Entre eles, aparte de seguir de preto a flora invasora, este ano quérese facer unha campaña de sensibilización denominada "Cíes, a illa das gaivotas". Con ela quere porse de manifesto que as Illas Cíes é unha das reservas máis importantes da Gaivota patiamarela, e que por tanto, os visitantes teñen que respectar a súa casa (as zoas de aniñamento, non darlle voluntaria ou involuntariamente comida, non se comportan igual as gaivotas urbanas cas que habitan nas illas, etc). Ademáis, polos últimos censos realizados, detectase unha baixa importante na colonia que leva a porse en alerta ao respecto.