A Concellería de Medio Ambiente ven desenvolvendo nos últimos anos un
programa de voluntariado medioambiental nas Illas Cíes co obxectivo de
contribuír á conservación do Parque Nacional.
Neste ano 2015, despois das accións de Semana Santa, bótase a andar as de verán, entre xullo e setembro. Está previsto que se manteñan as repoboación de especies autóctonas, que se realicen erradicación de especies exóticas, limpeza de espazos públicos e colaboracións en proxectos de conservación e investigación.
Neste ano 2015, despois das accións de Semana Santa, bótase a andar as de verán, entre xullo e setembro. Está previsto que se manteñan as repoboación de especies autóctonas, que se realicen erradicación de especies exóticas, limpeza de espazos públicos e colaboracións en proxectos de conservación e investigación.
Quendas de voluntariado:
a) Quendas de 5 días: máximo 12 prazas/quenda.
Quenda
1: 1-5 xullo
Quenda
2: 6-10 xullo
Quenda
3: 11-15 xullo
Quenda
4: 16-20 xullo
Quenda
5: 21-25 xullo
Quenda
6: 26-30 xullo
Quenda
7: 31 xullo-4 agosto
Quenda
8: 5-9 agosto
Quenda
9: 10-14 agosto
Quenda
10: 19-23 agosto
Quenda
11: 24-28 agosto
Quenda
12: 31 agosto-4 setembro
Quenda
13: 7-11 setembro
Non
haberá quendas no período 15 ao 18 de agosto
b) Quendas de fin de semana:
Máximo 50 prazas/quenda.
Quenda
A: 29-30 agosto
Quenda
B: 5-6 setembro
Quenda
C: 12-13 setembro
Proceso de inscrición:
- Requisitos
1. Ter feito o curso de iniciación ao voluntariado medioambiental da Concellería de Medio Ambiente.
2. Dispór de Acordo de voluntariado (no caso de faltar este requisito
pódese completar en Casa da Xuventude)
- Preinscrición entre o 10 e o 19 de xuño:
a) en Casa da Xuventude (López Mora 31, de 9 a 14 e de 17 a 20), cubrindo a ficha de preinscrición (pódese
descargar premendo eiqui)
b) Cubrindo o
seguinte formulario (inactivo)
- Inscrición:
entre o 22 e o 26 de xuño comunicarase a adxudicación de prazas e
formalizarase a inscrición definitiva en Casa da Xuventude, entregando a ficha de inscrición cuberta (premer eiqui) e a correspondente fianza de 10 euros.
Nota 1: Os detalles de
participación (equipo necesario, condicións, etc)pódense leer na ficha de
inscrición a descargar.Nota 2: É posible que vaian acompañantes menores cos participantes se así se cubre na ficha. Os acompañantes adultos terían que ir pola súa conta.
Para calquera dúbida podedes escribir a info@caminoacaminovigo.org, chamar ao 608046047 ou na Casa da Xuventude.