Despois do descanso de Semana Santa, a programación de Camiño a Camiño recobra a normalidade cunha intensa e variada actividade tanto nos percorridos como no voluntariado medioambiental.
Costa Atlántica 2015.
Esta fin de semana que ven o percorrido pola costa atlántica aborda a súa terceira etapa, co tramo Viana de Castelo - Camiña (24,6 km) o sábado e o tramo A Guarda - Oia o domingo (17,4 km). A este último sumarase o grupo dos domingos, para a partir dese momento facer a totalidade dos participantes o tramo galego da Costa Atlántica (premer eiqui para ver a programación das vindeiras etapas).
Voluntariado medioambiental.
Despois da actividade de Semana Santa en Cíes, volvemos á actividade urbana cunha campaña centrada na erradicación da cortadeira selloana ou herba da pampa no entorno do Lagares. Escomezaremos este mércores e será a actividade dos vindeiros días.