A vindeira semana ábrese o período de inscrición para as etapas portuguesas da ruta Costa Atlántica 2015: Oporto-Vigo.
Podedes atopar información detallada destas etapas no seguinte enlace
A inscrición farase presencialmente dende o luns 23 ao xoves 26 de febreiro na Casa da Xuventude (López Mora 31), de 10 a 14 e de 17 a 20h, por orde de chegada.
Cada persoa poderá inscribir como máximo a dous adultos e aos menores a cargo que lle acompañen.
Premer eiqui para descargar a ficha de inscrición. Debe ir acompañada con fotocopia do DNI polas dúas caras (por tema de aloxamento)
A achega pode variar entre 40 e 55€ segundo a elección no aloxamento. Inclúe o transporte e o seguro de accidente.
A manutención corre a cargo de cada participante. Existe a opción de cea do sábado, almorzo e bolsa picnic do domingo (20€)