O percorrido polo Sendeiro local de Matamá-Comesaña principiou con boas sensacións pero finalmente houbo que rematalo anticipadamente debido aos persistentes chubascos que impediron disfroitar dos interesantes lugares a visitar e mesmo supuñan un elevado risco de accidente.
A xornada iniciouse coa visita a colección arbórea de PSA Peugeot-Citroen, podendo comprobar de preto unha selección das 214 especies que a compoñen e que fan dela a de maior diversidade de Galicia. Fixose coa colaboración do Departamento de Medio Ambiente de PSA e permitiu, ademáis, comprobar a paisaxe industrial da fábrica.
De seguido o aguerrido grupo de camiñantes dirixiuse ao Muiño de Regueira, en Matamá, dende onde se iniciou nesta ocasión o sendeiro local de Matamá-Comesaña. Logo tívose ocasión de visitar os petroglifos de Millaradas e a Fraga das Alvorezas, onde os comuneiros de Matamá deron a coñecer o proxecto de caixas-niño que están a realizar en colaboración cos centros escolares da zona.
No Parque forestal do Maruxento semellaba que o tempo se aguantaba, pero ao proseguir a marcha cara os montes de Comesaña arreciou a choiva ata facer prácticamente imperceptible a bonita paisaxe do lugar.