O terceiro sendeiro local creado pola Concellería de Medioambiente en colaboración con Montes de Vigo e, neste caso, a Comunidade de Montes de Candeán, vai trascurrir polos fermosos paraxes de outono que os montes de Candeán nos ofrecen.
Como nos casos de Saiáns e de Matamá-Comesaña a colaboración entusiasta do voluntariado de Camiño a Camiño permitiu marcar o trazado.
Como nos casos de Saiáns e de Matamá-Comesaña a colaboración entusiasta do voluntariado de Camiño a Camiño permitiu marcar o trazado.
Partindo do
Parque Forestal do Vixiador, faremos un percorrido circular por terreos da
Comunidade de Montes de Candeán, que entre outros valores atesoura unha das
maiores concentracións de monumentos megalíticos ou mámoas de Galicia. Algunha delas amosan as grandes laxes da estrutura
interna como a casa dos mouros mentres que outras como a do Vixiador permanecen soterradas baixo o túmulo de terra
e pedras.
É o momento tamén de desfrutar do monte no outono, das cores das árbores antes da caída da folla
ou dos numerosos cogumelos que salpican o chan do bosque. O Vixiador é un dos maiores Parques Forestais
do Concello, alberga unha grande diversidade de árbores, tanto autóctonas como
de outras partes do mundo, así como numerosas fontes, lagoas, miradoiros, etc.
Compre ir preparados ante posibles chuvascos, típicos
destas datas, con calzado axeitado e un chuvasqueiro ou similar.