Rematamos os percorridos xeolóxicos por Vigo e bisbarra visitando un dos montes emblemáticos
da nosa cidade, O Monte Cepudo, que xunto co Alba é un dos montes mais
visitados de Vigo.
A ubicación destes
montes fan deles un dos mellores miradoiros da cidade. Mais non todos os montes que os rodean son
tan coñecidos: na ruta percorreremos o monte do Canaval e Fonte raxada, ata o
Monte das Cruces ou do Castro, onde visitaremos un dos asentamentos castrexos
mais impresionantes da contorna, o castro de Chandebrito. Tamén subiremos o cumio do Monte
Calvo, dende onde temos unha panorámica excepcional de Vincios e o Galiñeiro, e
poderemos contemplar algunha formación xeolóxica moi relevante.