Co percorrido deste domingo, que no climatolóxico preséntase moi favorable, péchase o achegamento ao río Miño, tan controvertido segundo os xeólogos e a súa vez tan fermoso e rico medioambientalmente, especialmente na súa desembocadura.
Neste roteiro percorremos unha das zonas mais interesantes do LIC do Baixo Miño. Este LIC inclúe os derradeiros 76 kilómetros do río, así como algúnhas zonas da ribeira de especial interese natural. No tramo final é onde o río atesoura os maiores valores ambientais, pola diversidade de hábitats, xunqueiras, praias, dunas, illas, bosques de ribeira, piñeirais, etc.

No percorrido (ver entrada de blog do 29 de setembro) poderemos ver a grande cantidade e
diversidade de aves que utilizan este espazo durante as migracións ou para
pasar o máis duro do inverno, precisamente neste fin de semana cando se celebra
o día das aves.
Máis o
Baixo Miño non so ten valores ambientais, o patrimonio etnográfico,
arqueolóxico e cultural e moi salientable. Son múltiples os exemplos que atoparemos polo camiño, como un vello
forno de tellas, pesqueiras, salinas, cetáreas, muíños de vento, etc.