Coa chegada do outono compre meterse a fondo no noso entorno, tanto coas rutas de Vigo e Bisbarra (nesta ocasión na desembocadura do río Miño) como en Galicia (ábrese inscrición para Caurel na fin de semana do 11-12 de outubro. Tamén se pode inscribir no curso de hortas do vindeiro 4 de outubro.
Rio Miño (domingo 5 de outubro)
Os/As camiñantes destas dúas fin de semana poideron comprobar directamente a preciosidade da ribeira do Miño e dos seus afluentes. Isto vaise completar este vindeiro domingo co percorrido pola desembocadura, dende Salcidos. Será únicamente sesión de mañá e como nas outras ocasións hai que preinscribirse no 010 e logo pechar a inscrición en Casa da Xuventude.
Percorridos polos ecosistemas de montaña de Galicia: Caurel (11-12 outubro)
Esta semana faise a inscrición para o percorrido polo Caurel do 11-12 de outubro a través do 010 e logo pasando por Casa da Xuventude (ver solapa Programación 4º trimestre 2014). Como habitualmente nestes casos faise con anticipación de 15 días para que se hai baixas, se poidan cubrir axilmente. Ademais, os que teñan formalizada a inscrición poderan asistir a unha xuntanza en Vigozoo o xoves 2, as 19:00, na que se informará con máis detalle da actividade e se darán recomendacións para os percorridos de montaña.