Experiencia no Voluntariado de Cíes

Noraboa polo Voluntariado Medioambiental nas Illas Cíes! Encantada!

Ola de novo! Son Inés Rodríguez Naz, unha das voluntarias que participou este mes de xullo no Voluntariado Medioambeintal das Illas Cies, durante a primeira quenda de verán.
Mediante este correo quería expresar a miña enorme satisfacción con esta fantástica experiencia. Era a miña primeira actividade como voluntaria, de feito nunca antes fora de acampada, e tiña medo de non saber adaptarme ás actividades ou que ao ser novata non atopara a xente coa que estar. Nada máis lonxe da realidade.


A miña quenda foi pouco solicitada e o tempo do día da saída do peirao de Cíes tampouco invitaba a ir á aventura, pero ao final xuntámonos un grupo de 7 valentes voluntarias  cheas de enerxía, acompañadas do noso monitor, Gerardo. Fixemos moi boas conexións dende o primeiro día! Para todas era a nosa primeira actividade no voluntariado e todas tiñamos ganas de traballar, aprender, coñecer mellor as Illas e, sobre todo, de pasalo xenial nese fantástico entorno paradisíaco que son as Illas Cíes!

Cantando e rindo xa dende a viaxe en barco ata o arquipélago, fíxemos as horas de voluntariado como algo natural, como unha xuntanza de amigos que traballan por un interés común, sempre con bo humor e con moito interés por aprender o máximo de Gerardo, o noso "monitor", pero non me sae chamalo así porque foi un amigo máis, unha persoa alegre e apaixonada de tódalas ramas da bioloxía, namorada das Illas e da vexetación e a fauna do litoral galego que non dubidaba en compartir con nós curiosidades e información de todo tipo de plantas, insectos, árbores, aves e incluso rochas que nos atopabamos polas rutas. Foi unha sorte poder compartir esta experiencia con un profe tan "enrollado" como Gerardo, do que aprendimos moitísimo e co que fixemos moi boas migas dende o primeiro momento.

A parte de limpar camiños e a praia, o que máis tempo nos ocupou foi unha cousa tremendamente pequena... as formigas! Eses insectos omnipresentes pero que nos resultan insignificantes e indiferentes. Ignoramos todo o que agochan baixo ese pequeno buraco do que saen e entran traendo e levando suministros, non somos conscientes da complexidade do seu sistema social, de como millóns e millóns de enanísimas formigas se organizan para lograr sobrevivir e que todo funcione á perfección. Nunca antes chegara a pensar en todo isto, nin tampouco tiña idea de que existía toda unha disciplina biolóxica dedicada a elas, a Mirmicoloxía, pero coma sempre, alí estaba Gerardo para compartir con nós todos os seus coñecementos, que no campo dos insectos e, en particular, das formigas, non son poucos!

Falounos da importancia de manter o equilibrio dos ecosistemas, para o cal os insectos son tan importantes como calquera animal de maior tamaño, explicounos as partes do corpo dunha formiga, o trazos básicos da súa clasificación na árbore dos seres vivos, os tipos de formigueiros, as distintas especies, a súa organización social... Saiamos polas rutas e recollíamos mostras en alcol de todos os tipos de formigas que nos atopabamos á vez que Gerardo nos falaba delas e nos contaba curiosidades. Chegou un momento que nós mesmas eramos capaces de recoñecer algunha que outra especie! Tamén, nun improvisado laboratorio biolóxico ao aire libre, as vimos na lupa binocular e as clasificamos pola súa morfoloxía.

Todo foi para un verdadeiro estudo científico coordinado dende o Parque Natural de Doñana, que trata de estudar as especies de formigas nos Parques Nacionais Naturais e contabilizar o impacto das especies invasoras. Foi marabilloso poder facer o traballo de campo dun estudo científico oficial e á vez desfrutar tanto camiñando, rindo e aprendendo polas Illas Cíes. Sentir que o noso traballo vai ser utilizado para mellorar a consevación medioambiental dos Parques Naturais é moi gratificante, sen dúbida é unha experiencia moi enriquecedora que recomendo a calquera persoa interesada na natureza e que lle gustaría aportar o seu gran de area no coidado destas xoias naturais que son as Illas Cíes.  
Agardo que a miña opinión sirva para animar a moita xente a participar co Voluntariado Medioammbiental "Camiño a camiño" e para que este fantástico programa de voluntariado impulsado pola Concellería de Medio Ambiente siga funcionando tan ben e realizando esa labor impagable, permitindo á poboación colaborar no mantemento de espacios naturais do noso fermoso Concello. Dende aquí, noraboa a toda a organización que permite que estas actividades se leven a cabo, a todos os monitores (en especial a Gerardo!) e a todos eses voluntarios que dedican parte do seu tempo a conservar os entornos naturais de Vigo.

Un agarimoso saúdo dunha voluntaria encantada! 
Nombre

Avisos,6,Fotos,95,Novas,229,Programación,4,
ltr
item
Camiño a Camiño Vigo 2024: Experiencia no Voluntariado de Cíes
Experiencia no Voluntariado de Cíes
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj0O9FlcWTE5s0X3GNrxqzJ6flzWoPp3yd1P2YjAqin6WAGolyhGWgLTTTF16P260pi4od31TC6GraOKMTJzlqCdUOyvvdF_HO46bb-uo4ofMkxT4Xi17xyrqVYGWIE7tNFxUGlLGlSIID1/s1600/VolCies-1.JPG
https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj0O9FlcWTE5s0X3GNrxqzJ6flzWoPp3yd1P2YjAqin6WAGolyhGWgLTTTF16P260pi4od31TC6GraOKMTJzlqCdUOyvvdF_HO46bb-uo4ofMkxT4Xi17xyrqVYGWIE7tNFxUGlLGlSIID1/s72-c/VolCies-1.JPG
Camiño a Camiño Vigo 2024
https://www.caminoacaminovigo.org/2014/08/experiencia-no-voluntariado-de-cies.html
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/
https://www.caminoacaminovigo.org/2014/08/experiencia-no-voluntariado-de-cies.html
true
6357156881945107423
UTF-8
Tódolos artigos están cargados Non se atopou ningún artigo VER TODO Ler máis Responder Cancelar resposta Borrar Por Inicio PÁXINAS POSTS Ver Todo RECOMENDADO PARA TI CATEGORÍA ARQUIVO BUSCAR TÓDOLOS ARTIGOS Non se atopou ningunha coincidencia coa túa solicitude Volver a Inicio Domingo Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Dom Lun Mar Mér Xov Ven Sáb Xaneiro Febreiro Marzo Abril Maio Xuño Xullo Agosto Setembro Outubro Novembro Decembro Xan Feb Mar Abr Maio Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Agora mesmo Fai 1 minuto $$1$$ minutes ago Fai 1 hora $$1$$ hours ago Onte $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago Fai máis de 5 semanas Seguidores Seguidos ESTE CONTIDO ESTÁ BLOQUEADO PASO 1: Compartir coas túas redes sociais PASO 2: Fai click no enlace da túa rede social Copiar todo Seleccionar todo Este contido foi copiado no teu portapapeis Non se puido copiar, por favor preme [CTRL]+[C] (ou CMD+C con Mac) para copiar