Este sábado 14 de xuño terá lugar o peche de programación de primavera de Camiño a Camiño, tanto no tocante a percorridos medioambientais como a voluntariado medioambiental.
Ruta nocturna polo Galiñeiro
Debido ao aprazamento producido, que sen dúbida foi moi oportuno, teremos ocasión de disfroitar o vindeiro sábado pola noite dunha preciosa andaina nocturna polo noso querido Monte Galiñeiro.
Para aquelas persoas que estaban apuntadas, non fai falla que se volvan apuntar. Iso sí, agradecemos que se alguén non pode que chame a 010 para liberar prazas. Por outra banda, ábrese prazo para 50 novas solicitudes. Lembrade que a hora de quedar na Praza do Rei o sábado é as 20:30.
Acto de entrega de diplomas ao voluntariado
O sábado 14 as 11:00 está previsto o acto de entrega de diplomas ao voluntariado polo período 2013-14. Será un bonito momento para atoparse todos os que participan nas distintas accións de voluntariado, ver a exposición de fotografías da tempada e lembrar bos momentos.
No acto está previsto que se sorteen 188 viaxes de día completo polas Illas Atlánticas entre todos os que participaron durante este último ano. A experiencia do ano pasado fora moi interesante e este ano amplíase con máis prazas.
Tamén se recolleran fichas de preinscrición nas quendas de voluntariado en Cíes durante o verán. Lembrade que se poden facer solicitudes colectivas e que ou ven se entregan en Vigozoo neste día ou na Casa da Xuventude entre o 16 e o 18.