Xa principia xuño e con el semella que o bo tempo nos vai acompañar. Para celebralo están previstos uns percorridos moi interesantes: o Sendeiro azul e Ancares na primavera.
Sendeiro azul
Como se comentaba na entrada do luns pasado, trátase do percorrido que se fai polo Lagares e polos areais, nesta ocasión en dirección a Bouzas. Busca por en valor o patrimonio natural de Vigo, que ano tras anos se ve recoñecido polas concesións de Bandeiras azuis que poñen de manifesto a limpeza e calidade das augas, a accesibilidade e seguridade. Neste ano as praias condecoradas son A Punta, Fortiñón, Canido, Fontaíña, O Vao, Argazada e Tombo do Gato (praia da Fonte) e como non, en Cíes as de Rodas e Figueiras. No percorrido deste domingo pasaremos por Argazada e o tombo do Gato.
A situación actual das praias resposta a unha actuación constante sobre ela por parte do Concello de Vigo, combinada cunha característica particular da Ría de Vigo: renovación permanente das augas debido as correntes circulares que nela se producen.
Un cento dos participantes no percorrido van a facelo en kaiak, distribuíndose en dous grupos: o primeiro arrancará dende a praia do Cocho ou do Matadoiro, a carón do Museo do mar, ata a desembocadura no río Lagares. Entre tanto o outro grupo percorrerán os areais dende Bouzas ata o Lagares. A media mañá, intercambiaranse os grupos.
Ancares en primavera
Os participantes na primeira quenda da visita a Ancares aínda poderan comprobar como a primavera agroma despois das últimas nevadas. Sen dúbida é un auténtico acontemento digno de contemplación, semellante ao seguinte: