Iniciamos o mes de Xuño coas rutas de verán por Vigo. No primeiro percorrido coñeceremos o Sendeiro
azul, que faremos andando e, aqueles que se atrevan, poderán facer o tramo de praias en kaiak.
Esta ruta marcada comeza na
Avenida de Madrid, no inicio da senda do Lagares. A primeira parte da ruta é precisamente esta
senda que vai pola ribeira do río Lagares, ten unha lonxitude de 8 kilómetros,
ata Samil, onde o sendeiro azul bifúrcase. Un dos ramais vai ata a praia de Canido. O outro
mais longo, que é o que faremos nesta ocasión, remata en Bouzas, na praia do Adro, tras
percorrer 4,5 kilómetros.
O sendeiro azul aproveita o corredor verde que é o río
Lagares para conectar a parte oeste da cidade coas praias. Foi concibido para dar a coñecer un dos
principais valores da nosa cidade, como son as fermosas praias de Vigo.
Algunhas das praias polas que pasaremos (Argazada e o Tombo do Gato) son merecedoras
de bandeira azul, distinción que se lles da as praias que destacan pola limpeza
e calidade das augas, accesibilidade, seguridade, etc.
O percorrido en kaiak está previsto para realizar no tramo de costa entre preto da desembocadura do Lagares e Bouzas. Poderán participar todos aqueles que o desexen a partir de 12 anos e que saiban nadar mínimamente. Terán que comunicalo no 010.
Os participantes nesta actividade, realizaran un tramo reducido do sendeiro a pe e o resto en kaiak a partir de media mañá. Terán que levar bañador e toalla nunha mochila, que a organización recollerá para o momento de realizar a actividade. Tamén é convinte levar crema solar e gorra para o caso de que o sol pique.
Segundo a inscrición, terase que facer grupos que serán acompañados polos respectivos monitores de kaiak. Previamente á acción, farase unha breve sesión de formación para indicar a técnica a empregar, as recomendacións oportunas e como se distribuirán os grupos.