A clásica visita a Cíes do pasado domingo resultou moi satisfactoria tanto pola climatoloxía e eclosión da natureza neste auténtico paraíso, como polo que poidemos aprender da conformación da illa e de como está evolucionando co paso do tempo. Algunhas mostras da vivenza compatida pódense ver no album fotográfico (pinchar eiqui), sendo as seguintes fotografías un exemplo:
Iª Andaina polos montes de Vigo
Ata o vindeiro mércores 14 de maio está aberto o prazo de inscrición (pincha eiqui para acceder ao blog da andaina) á andaina no 010, podendo realizar o tramo longo (36km), o tramo medio (26km) ou o tramo curto (16km). Todos os participantes nos atoparemos no Parque foresta de Beade na hora da comida (do bocata que comeremos para cargar pilas) para celebrar o acontecemento que supón achegarse aos montes de Vigo e pór en valor a súa riqueza como patrimonio natural do concello, así como recoñecer o traballo que desenvolven as comunidades de montes no seu coidado.