Coa chegada do período de semana santa tamén chega ao seu fin a Ruta da Auga, esta vez entre Os Valos e O Calvario por ter feito o percorrido en senso inverso. O tempo vai acompañar e teremos ocasión de disfroitar dun percorrido moi vistoso.
Nesta ocasión a diferenza principal entre a ruta curta e a longa non é a distancia, posto que apenas varía nun kilómetro. A diferenza é o perfil.
Nesta ocasión a diferenza principal entre a ruta curta e a longa non é a distancia, posto que apenas varía nun kilómetro. A diferenza é o perfil.
A ruta curta vai dende os Valos ata a fonte das Mozas, en
Teis, sen apenas pendentes nin desniveis.
A ruta longa é ben distinta, tras comezar no mesmo punto que a curta e
facer un primeiro tramo común, polo trazado da auga. En San Esteban de Negros comezamos a ascender
ó monte. Subimos ós montes do Vixiador e
Penide, para baixar despois polo rego do Fondón e coller de novo o trazado da
auga no tramo final.
Os dous percorridos atravesan bosques e regatos, así como
pequenas vilas e aldeas. Un dos principais
atractivos son as vistas. Poderemos
disfrutar do fondo da ría de Vigo, da enseada de San
Simón, a cal está protexida e incluída como LIC, na rede de espazos naturais da
rede Natura 2000. Así como do monte do
Galleiro e da nosa cidade, entre outros fermosos recunchos.