Nesta semana desenvólvese unha ampla e diversa proposta de actividades dentro do programa de educación medioambiental do Concello de Vigo. Ademáis o tempo semella que vai acompañar.
Percorridos medioambientais: Ruta da Auga III (Os Valos - O Calvario)
Esta é a terceira e derradeira etapa da ruta da auga, con chegada a Vigo. Nesta
ocasión a diferenza principal entre a ruta curta e a longa non é a distancia,
posto que apenas varía nun kilómetro, senón o perfil. A ruta curta vai dende os Valos ata a fonte das Mozas, en
Teis, sen apenas pendentes nin desniveis.
A ruta longa é ben distinta. Comezar no mesmo punto que a curta e
fai un primeiro tramo común, en San Esteban de Negros súbese aos montes do Vixiador e
Penide, para baixar despois polo rego do Fondón e coller de novo o trazado da
auga no tramo final.
Conferencias no Auditorio do Concello: "Conformación das Illas Cíes" (xoves 10, 19:30)
O Catedrático Juan Ramón Vidal Romaní disertara o vindeiro xoves sobre como se crearon as Illas Cíes e a ría de Vigo. Sen dúbida vai se unha ocasión única en escoitar dun experto un aspecto destacado do noso entorno. A entrada é libre.
Curso de Iniciación ao Voluntaridado medioambiental (sábado 12, 9:30, Vigozoo)
De cara a fomentar a participación da cidadanía no coidado do entorno do Concello, terá lugar este sábado o segundo curso de formación de Voluntariado. Cómpre facer a inscrición no 010 ata o xoves.
Voluntariado en Cíes en Semana Santa
Como nos últimos anos, organízanse dúas quendas de voluntariado para realizar durante Semana Santa labouras de conservación e limpeza nas Illas Cíes. A quenda A vai do sábado 12 ata o martes 15 de abril e a quenda B dende o xoves 17 ata o domingo 20.
O prazo de inscrición está aberto ata o mércores 9, sendo preciso preinscribirse no 010 e logo acabar o proceso na Casa da Xuventude. Ver máis información na noticia do 31.3.14.