O Alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, xunto cos representantes da Mancomunidade de Montes de Vigo, de Eroski e de El Corte Inglés, fixeron hoxe a presentación da Iª andaina polos montes de Vigo.
A Iª Andaina polos montes de Vigo consiste nun encontro dos vigueses e viguesas co entorno no que viven en plena explosión da primavera. Tamén busca pór en valor dun patrimonio natural e paisaxístico excepcional co que conta o municipio e que cómpre coñecer para saber darlle un uso recreativo dende o respecto e a conservación. Como non, tamén é unha invitación á realización de exercicio físico como xeito de manter hábitos saudables.

Faise en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo, que agrupa as trece comunidades de montes presentes no concello, e conta co patrocinio de Eroski e de El Corte Inglés que contribúen a que o evento se poida facer dun xeito máis agradable a través dos kits de avituallamento, da camiseta da proba e dun concurso fotográfico entre os participantes.
Para máis información, consultar o blog da andaina (pinchar aqui)