Por mor de que o 4 de maio é o día da nai, modifícase a programación do seguinte xeito:
Día 27 abril: Fervenza do Río Toxa (día completo)
Día 4 maio: Cova do Folón (medio día, con chegada á Praza do Rei sobre as 13:00)
Na primeira das rutas para coñecer algunha das covas e fervenzas da nosa
terra visitaremos a fervenza do río Toxa, unha das mais fermosas fervenzas galegas e a que ten o maior tramo en
caída libre, con 30 metros.
Comezamos o percorrido na área recreativa de a Carixa, en Reboredo, onde se une o río Orza co Deza. Continuamos para visitar a fervenza, para o
que iremos ata o mesmo pé de este cadoiro. Posteriormente subiremos a un
miradoiro para ter unha visión distinta do salto de auga.
Tras visitar a fervenza continuaremos camiño ata o mosteiro de Carboeiro,
onde pararemos para comer e visitar os arredores de esta singular construción recentemente restaurada.
Pola tarde voltaremos ata A Carixa, onde nos recollerán os autobuses para
voltar a Vigo.