Xa estamos introducidos en plena dinámica de Camiño a Camiño e pouco a pouco ímonos introducindo en novos retos. Esta semana principiamos a Ruta da Auga e as conferencias no Auditorio do Concello coa titulada "Cicloxénese explosiva ou temporais de toda a vida?" (mércores 26, 19:30)
Percorrido medioambiental: Ruta da Auga I (Encoro de Eiras-Pazos de Borbén) (30 marzo)
Voluntariado medioambiental: actividades ordinarias
Para esta semana está previsto que se faga actividade ordinaria tanto no voluntariado de Lagares (mércores e sábado, as 10:00 na explanada do CEIP de Balaidos) como no voluntariado de Sendeiros (martes e xoves, de 16:30 a 19:00 en Parque Forestal Vixiador)
O voluntariado de hortas descansa dada a festividade da Reconquista de Vigo que se celebra o venres.
Conferencias e accións formativas
Como dicíamos, o mércores inícianse as Conferencias no Auditorio do Concello, coa titulada "Cicloxénese explosiva ou os temporais de toda a vida?" impartida por Carlos F. Balseiro (metereologo e bloguero de 4gotas.com). Será o mércores 26 as 19:30.
O xoves terá lugar o terceiro Curso básico de hortas urbanas, a partir das 16:30 en Vigozoo. A inscrición terá lugar ata o mércores pola tarde. Este curso habilita para participar no programa de hortas urbanas do Concello de Vigo.
Percorrido medioambiental: Ruta da Auga I (Encoro de Eiras-Pazos de Borbén) (30 marzo)
O vindeiro domingo faremos a primeira das
tres etapas da ruta da auga, todo un clásico do Camiño a Camiño. Nesta edición faremos o percorrido en sentido inverso ao habitual, seguindo a dirección das augas que abastecen a cidade de Vigo: principiando no encoro de Eiras, no Concello de Fornelos de
Montes, e rematando en Pazos de Borbén, .
Veremos o encoro en toda a súa
plenitude, o 100% da súa capacidade, debido as abundantes chuvias de este
inverno. O de Eiras é un encoro que
recolle as augas de boa parte da Serra so Suído, o cal, a súa vez, é un dos lugares que recibe a maior
cantidade de precipitacións da península ibérica.
É un percorrido polo val do río Oitavén e os montes
cercanos, con unhas vistas espectaculares, na que
pasaremos por lugares cun valor ecolóxico moi salientable.
Lembrar que nesta ocasión, ao saír do termo municipal de Vigo, os participantes asumen o custe do desprazamento (3 euros). Ademáis, debido a que hai que dispór do número exacto de participantes (e evitar desfases entre inscritos e participantes), actívase o sistema de pago previo na Casa da Xuventude, que garantizará a participación na actividade.