Este domingo 16 de Marzo principiamos os percorridos medioambientais
da Concellaría de Medio Ambiente de Vigo. Logo de tantos meses de choiva coma
tivemos e tanto almacenamento de auga por parte do solo da nosa cidade, compre
salientar a importancia dos nosos humidais dentro da mesma, aproveitando que
agora denotarase a súa enchida en toda a súa vistosidade.
A superficie de humedais que chegou ata os nosos días no Concello
de Vigo é unha pequena porcentaxe da que ocupaban de xeito natural dende o
nacemento do río Lagares, pasando por todo o Val do Fragoso, e ocupando unha
basta superficie que vai tras o complexo dunar de Samil (Alcabre-Pertegueiras) ata
a Xunqueira do Lagares (contemplado no Catálogo de Humidais de Galicia), sen
esquecermos do rego de O Vao, onde tributan multitude de pequenos regos que
baixan dos montes de Coruxo e embalsan nunha extensísima zona, agora delimitada
en pequenos campos de labor, para desembocar ao mar onde o Areal do Serral.
Trátase de pequenas illas ou oasis dentro da nosa urbe
que serven de refuxio a poboacións salientablesde flora e fauna autóctonas,incluíndo,
nalgunhas zonas,endemismosgalegos de gran relevancia que compre a ter en conta,
xa que se ven ameazados pola intrusión de especies exóticas e invasoras que, en
conxunto con outros factores de descoñecemento ou esquecemento, como os
vertedoiros ilegais de entullos, axudan ao avance na degradación e
contaminación destes espazos tan importantes para o home como para o restos das
especies que os habitan.
Lembramos que na entrada do blog do 7 de marzo recóllese o percorrido a realizar, que pode ser de traxecto longo (16Km) e de traxecto curto (8km)