A Concellería de Medio Ambiente e o Parque N. das Illas Atlánticas veñen desenvolvendo nos últimos anos un programa de voluntariado medioambiental nas Illas Cíes a partir de Semana Santa co obxectivo de contribuír á conservación do Parque. Durante 2013 participaron 123 voluntarios e voluntarias cunha adicación de 2.610 horas.
Neste ano 2014 reedítase a actuación empezando coa acción de Semana Santa, na que está previsto que se continúe coa repoboación de especies autóctonas, erradicación de especies exóticas, limpeza de espazos públicos e colaboracións en proxectos de conservación e investigación.
Quendas de voluntariado:
Quenda A: do 12 ao 15 de abril
Quenda B: do 17 ao 20 de abril
Nota: no caso de previsión climatolóxica adversa pódese suspender a acción con un día de anticipación ao inicio da actividade.
Proceso de inscrición:
- Preinscrición en 010 (para móbiles 986810260) ata o mércores 9 de abril.
Requisitos: ter feito o curso de iniciación ao voluntariado medioambiental da Concellería de Medio Ambiente e dispór de Acordo de voluntariado (no caso de faltar este requisito pódese completar en Casa da Xuventude)
- Inscrición en Casa da Xuventude (López Mora 31, de 9 a 14 e de 17 a 20). Unha vez preinscritos no 010 remátase o proceso cubrindo a ficha (pinchar eiqui) e entregandoa na Casa da Xuventude (ata o mércores 9 de abril)
Nota 1: Os detalles de participación (equipo necesario, condicións, etc)pódense leer na ficha a descargar.
Nota 2: É posible que vaian acompañantes menores cos participantes se así se cubre na ficha. Os acompañantes adultos terían que ir pola súa conta.
Para calquera dúbida podedes escribir a info@caminoacaminovigo.org ou no momento de inscrición na Casa da Xuventude.