Dende a Concellería de Medio Ambiente queremos lembrar, no DÍA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO, a todas e todos as voluntarias e voluntarios de Camiño a Camiño que desenvolvedes altruistamente accións medioambientais no Concello de Vigo.
Aproveitamos a ocasión para comunicarvos que o próximo martes 17 de decembro, ás 19:00, no Auditorio Municipal (Praza do Rei s/n), terá lugar un encontro do voluntariado do "Camiño a Camiño" no que repasaremos o traballo desenvolto durante o ano, as novas propostas para 2014 e farase entrega dos certificados acreditativos dos cursos e da participación durante este ano no programa. Tamén poderemos ver fotografías de voluntariado e, por suposto, atoparnos todos e todas. Contamos coa vosa participación.