O mes de novembro remata e deixanos unha boa fin de semana para disfroitar do noso entorno tanto no percorrido polo Lagares do domingo como nas hortas e o voluntariado do sábado
Percorrido polo río Lagares
O último percorrido do outono ímolo realizar paseando polo noso querido río Lagares. Lembrar que o percorrido curto iníciase na Avenida de Madrid e o percorrido longo en Barreiro (pinchar eiqui para ver detalles)
Programa Sintomeben en Camiño a Camiño
O programa Sintomeben, promovido polo Plan Saúde que está a desenvolver a Concellería de Medio Ambiente e de Sanidade, ten previsto realizar unhas accións de sensibilización sobre a prevención cardiovascular aos participantes en Camiño a Camiño.
Durante o percorrido do río Zamáns darase información ao respecto e indicarásevos como podedes participar nas medicións cardiovasculares a realizar na Casa da Xuventude os días 27 de novembro e 2, 4, 9 e 11 de decembro.
Tamén haberá unha charla sobre nutrición e actividade física en Vigozoo o 16 de decembro.
Hortas urbanas
Estas datas están sendo moi axeitadas para acondicionamentos xerais, preparación de compost e posta en funcionamento das novas hortas de Ramón Nieto e Sardomela.