No derradeiro percorrido da tempada faremos a clásica do río
Lagares, no seu tramo baixo. Haberá dúas opcións de diferente
dificultade.
O percorrido máis longo
partirá da zona de Barreiro, onde visitaremos unha das zonas húmidas catalogadas
do Concello. Despois continuaremos xunto
o cauce do Lagares na parroquia de Lavadores ata Sárdoma. Tras chegar a Avenida de Madrid, colleremos o
paseo do Lagares, que con unha lonxitude duns 10 Km, remata na desembocadura
do río, na praia da Calzoa, ó lado de Samil.
Precisamente este tramo do paseo será o que fagan na ruta curta. Neste percorrido poderemos descubrir
valiosos espazos naturais do Concello de Vigo, como as zonas húmidas de
Muíños-Goberna e a xunqueira do Lagares.
Tamén coñeceremos os traballos de recuperación da vexetación autóctona,
que se veñen realizando no programa de voluntariado
medioambiental da Concellería de Medioambiente de Vigo.