Nesta semana está previsto un Curso básico de hortas urbanas para o xoves 24, a partir das 16:30 en Vigozoo, e a última etapa do GR53 entre o Monte Alba e Saiáns. Aparte, e se o tempo o permite, actividades de voluntariado e de hortas urbanas.
Percorrido polo GR53: Monte Alba - Saiáns
Percorrido polo GR53: Monte Alba - Saiáns
O vindeiro domingo, faremos a cuarta e derradeira etapa
do GR-53, o sendeiro panorámico de Vigo.
Partiremos do Monte Alba e do Monte dos Pozos e remataremos na parroquia
de Saiáns, xa no límite entre os Concellos de Vigo e Nigrán.
Nesta ocasión o punto de inicio non é común para a ruta
longa e a curta, polo que teremos que ter claro dende o principio a opción que
escollemos.
- O percorrido curto comenza no Parque
forestal do Monte dos pozos, dende alí baixamos ata Freixo, e continuamos
bordeando a base do monte onde estaba o antigo vertedoiro do Zondal, clausurado
e selado xa dende fai máis de 10 anos.
Continuamos
por Fragoselo, na parroquia de Coruxo, ata o campo de fútbol, onde collemos
unha pista en moi bo estado e sen grandes pendentes que nos levará ata a
Saiáns, ofrecéndonos unas espectaculares vistas do litoral do Concello de Vigo
e das Illas Cíes. Esta pista pasa polos
parques forestais de Oia e Saiáns, onde comeza unha das rutas etnoarqueolóxicas
do Concello de Vigo.
No
último tramo baixamos pola ribeira do rego de Saiáns, pasando por varios muíños
, ata o punto de recollida, na estrada de Baiona.
- O
percorrido longo comeza na base do Monte Cepudo, moi preto de onde rematamos a
terceira etapa do GR. Dende alí subimos
ata a cima do monte Alba e a do Cepudo, e baixamos en dirección a Chandebrito,
no concello de Nigrán. Pasamos polo
Castro, no Monte do Castro ou das Cruces e tras atravesar o barrio da Igrexa
tomamos camiño dos Montes de Coruxo ou Outeiros.
Cruzamos
este macizo parándonos no Parque Forestal de Coruxo a repoñer folgos, e
continuamos camiñando polas parroquias de Coruxo e Oia.