A semana que entra preséntase con elevada inestabilidade climatolóxica e, por tanto, os plans de actividade de hortas urbanas e de voluntariado irán modificándose a medida que vexamos como evoluciona.
Percorridos medioambientais (Domingo): GR53 3ª etapa (P.F.Beade - Monte Alba)
Percorridos medioambientais (Domingo): GR53 3ª etapa (P.F.Beade - Monte Alba)
Na terceira etapa de Gr-53, sendeiro panorámico de Vigo,
partiremos do Parque Forestal de Beade.
Dende o inicio os dous grupos farán percorridos distintos, polo que convén escoller o camiño en función das características do mesmo.
O grupo que fai o percorrido máis curto seguirá o trazado
normal do GR53. Esta ruta baixa ata o
encoro de Zamáns, pasa polos muíños das Maquías e continua pola ribeira do río Zamáns. Chegamos A Fraga, onde deixamos o río e nos
metemos xa en Vincios (Gondomar). Tras
cruzar a estrada AG-57 voltamos cara a Pasaxe onde nos recollerán os autobuses.
O percorrido da ruta longa é distinto na meirante parte
do mesmo. Saímos do Parque Forestal en
dirección ó Cuvi, subimos ata a Pedra Cabalaria, onde collemos a variante do
Sendeiro panorámico de Vigo GR-53.2.
Esta variante lévamos á Serra do Galiñeiro por Erville. Tras facer un percorrido pola Serra baixamos
ata A Fraga, onde os dous trazados se unen.
O punto de recollida é o mesmo que o da ruta curta.