Esta primeira fin de semana de outubro principiou a programación de Camiño a Camiño. A verdade é que non podía iniciarse mellor: boa climatoloxía, boa partiipación e moitas ganas de reencontrarse coa rutina da tempada de outono
Voluntariado Camiño a Camiño.
O pasado mércores e sábado iniciou actividade o voluntariado de Lagares, que coma sempre o fará en horario de 10 a 13h.
Como novidade, os martes e os xoves pola tarde principiou o voluntariado de sendeiros, coa marcaxe do GR-53 previa aos percorridos previstos para os domingos deste mes.
O venres tivo lugar a xuntanza do voluntariado de hortas urbanas de Fontáns
Presentouse a actividade prevista para o trimestre e o sistema para participar os mércores pola tarde e os sábados pola mañá -na medida en que Fontáns pasa este trimestre a descansar para unha necesaria reposición e reorganización-. Entre outras cousas, o voluntariado de hortas que poida quedou para este luns recoller bocho na praia de canido, a partir das 16:30. O mércores unha cuadrilla vai preparar a horta de Ramón Nieto mentres o resto empeza cos preparativos de Fontáns.
O venres tamén tivo lugar a xuntanza do voluntariado de Vigozoo. Organizouse a actividade de benestar animal e de seguimento do comportamento do lobo. Ademais anticiparonse actividades previstas para o trimestre.
Por último, o sábado tivo lugar un novo curso de iniciación ao voluntariado. Boa participación e bo intercambio de coñecementos e de pareceres.
En definitiva, arrancou o mes con variada e interesante actividade de voluntariado que proseguirá ao longo do trimestre.