Comenzamos a tempada de outono do
programa Camiño a camiño con todo un clásico, a senda panorámica de Vigo
(Gr-53). Como ven sendo habitual nas
derradeiras edicións do Camiño a camiño, completaremos a senda en catro
etapas.
Teremos tamén oportunidade de
escoller entre dous percorridos de lonxitude e dificultade diferentes. Haberá unha variante longa (vermello), que se separará
do trazado do GR en diferentes puntos, ideal
para os que teñan ganas de camiñar.
A outra opción e un trazado máis curto (azul) e de menor dificultade, seguindo
as marcas do GR. para os que prefiran ir
máis de vagar, especialmente indicado para os máis pequenos.
A primeira etapa terá a súa saída en
Vigozoo, no monte da Madroa, dende alí comenzaremos a ascensión ata o parque
forestal do Vixiador. Dende o Vixiador
percorreremos nunha zona alta e bastante chaira, na que sobresaen pequenos
cotos como os da Formiga, Barolo, Rachán, Ferreira ou o Coto Rapado, que
sobresaen entre zonas chairas como o Chan de Unberto e o Chan de Loureiro. Nesta zona atopamos o nacemento do río
Fondón. O monte Penide é a cota máis alta
da zona cos seus 448 metros.
O percorrido da variante longa
levarános ata o Castro de Negros, na parroquia de San Esteban de Negros, dende
onde teremos unhas boas vistas do concello veciño de Redondela.
Na parte final do roteiro pasaremos
polo Parque Forestal de Bandeira e remataremos en Peinador, moi preto da Lagoa
Mol, onde nace o río Lagares. Ver documento.