Escomeza o cole e imos collendo o ritmo de tempada. En Camiño a Camiño tamén estamos a pleno pulmón cos preparativos da nova tempada Outubro-Decembro.
Como hai moitas preguntas tanto no 010 como no blog, diciros que antes de final de mes agardamos poderos dar a coñecer o que está previsto. En todo caso, comentaros algunhas cuestións prácticas:
Hortas urbanas:
. Horta de Fontáns: o sábado 21, a partir das 12:00, terá lugar un acto de confraternización con todos os participantes nesta horta que queiran degustar unha "parrillada" de froitos de tempada.
. Cambio de horario: a partires do 1 de outubro entra o novo horario: mañáns de 10 a 13h e tardes de 16 a 19h.
Voluntariado de Cíes:
prosiguen as quendas de semana (luns a venres) e de fin de semana durante todo setembro. Os voluntarios/as interesados/as aínda estades a tempo de incorporaros contactando con info@caminoacaminovigo.org.
Cursos de formación:
Na próxima programación estanse programando cursos de iniciación a hortas urbanas e de iniciación ao voluntariado para o mes de outubro. Estade atentos.

Confraternización en horta de Teis o pasado sábado