Xa están dispoñíbles as espectaculares fotografías da primeira quenda do percorrido por Ancares da fin de semana pasada (ver fotografías percorridos). Polo que comentan os asistentes, agotador pero mereceu a pena.
Para a segunda quenda hai unha charla de preparación este mércores as 19:00 en Vigozoo. Comentaranse os detalles do percorrido e a experiencia da fin de semana seguinte.
Para a terceira quenda, na que participan familias con rapaces e rapazas entre 6 e 14 anos, aínda hai prazas ata o xoves. A partir dese momento, se hai prazas libres, ábrese prazo que poidan asistir calquera persoa que non teña asistido ata agora.