Resultou moi agradable poder facer un percorrido polas Illas Cíes, coñecer o particular sistema dunar da illa, coñecer a laboura do voluntariado de Camiño a Camiño no Parque Nacional e, simultáneamente celebrar cinco anos de vida de Camiño a Camiño, o programa de educación medioambiental do Concello de Vigo.
Percorrido medioambiental
Tocaba Cíes e esta vez deténdonos na perspectiva dos sistemas dunares. O día foi perfecto para esta misión e os preto de 400 "camiñantes" (dos cales 140 por primeira vez) poidemos comprobar como temos unha praia cunha das dunas máis antigas de Europa: Rodas. Motivo, por certo, para mimala como se de terciopelo se tratara. De seguido e na reportaxe fotográfica (pinchar aqui) podedes revivir algunha das perspectivas desta xoia, aparte doutras instantáneas que xeneran enerxía positiva.
Voluntariado Camiño a Camiño.
O voluntariado de Camiño a Camiño tivo unha particular presenza no percorrido, xa que se poido comprobar como, en colaboración co Parque das Illas Atlánticas, se está participando en tarefas de repoboación, de erradicación e de conservación. En distintos momentos do percorrido póidose comprobar as labouras realizadas e, aproveitándose a ocasión, lembrouse a realización dos vindeiros cursos de inicación ao voluntariado os sábados 18 e 25 de maio, de 10 a 14h en Vigozoo (chamar na semán previa ao 010).
Este sábado tamén houbo un xantar no Parque de Vixiador organizado polo voluntariado de Camiño a Camiño. Cunha nutrida representación de voluntarios e voluntarias, xunto cos acompañantes e a presenza da Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago. A xornada incluiu un tempo de lecer con todos os participantes, incluídos os máis cativos.
Percorrido medioambiental
Tocaba Cíes e esta vez deténdonos na perspectiva dos sistemas dunares. O día foi perfecto para esta misión e os preto de 400 "camiñantes" (dos cales 140 por primeira vez) poidemos comprobar como temos unha praia cunha das dunas máis antigas de Europa: Rodas. Motivo, por certo, para mimala como se de terciopelo se tratara. De seguido e na reportaxe fotográfica (pinchar aqui) podedes revivir algunha das perspectivas desta xoia, aparte doutras instantáneas que xeneran enerxía positiva.
Voluntariado Camiño a Camiño.
O voluntariado de Camiño a Camiño tivo unha particular presenza no percorrido, xa que se poido comprobar como, en colaboración co Parque das Illas Atlánticas, se está participando en tarefas de repoboación, de erradicación e de conservación. En distintos momentos do percorrido póidose comprobar as labouras realizadas e, aproveitándose a ocasión, lembrouse a realización dos vindeiros cursos de inicación ao voluntariado os sábados 18 e 25 de maio, de 10 a 14h en Vigozoo (chamar na semán previa ao 010).
Voluntariado Camiño a Camiño participando no percorrido |