Estamos en maio e semella que invita a que a actividade se reactive ao mesmo tempo que a natureza eclosiona. As previsións para esta fin de semana son as seguintes:
Previsión climatolóxica (meteogalicia)
Percorridos medioambientais
Durante o mes de maio vaise abordar a temática dos sistemas dunares e con tal motivo vanse percorrer catro dos máis destacados do noso entorno: Vigo, Cíes, Cangas e Corrubedo.
Coincidindo co día da nai, escomenzaremos por Vigo (ver documento), cun percorrido sinxelo e curto que vai permitir comprobar o estado das dunas nos distintos areais, así como a laboura que o voluntariado está desenvolvendo nos mesmos.
Hortas urbanas
Neste mes é un período de moita adicación ás hortas dado que compre coidar os cultivos para que paulatinamente dean o froito agardado. Na horta-escola de Fontáns os traballos están moi avanzados e na horta-escola de Pedro Alvarado estase collendo ritmo. Neste sábado daráselle un avance importante. Ademáis, no espírito de que todos poidan acceder as hortas, estanse implantando os bancos de traballo adaptados.
Voluntariado Camiño a Camiño
Durante o mes de maio intensifícanse as labouras de voluntariado, empezando o venres pola tarde no río Lagares, continuando o sábado pola mañá no areal do Tombo do gato e toda a fin de semana en Cíes. Co tempo que vai e coa variedade de actividade prevista, seguro que resulta unha fin de semana intensa.