O vindeiro domingo, 12
de Maio faremos un dos percorridos estrela do programa camiño a camiño. Visitaremos as illas Cíes, para coñecer toda
a riqueza e biodiversidade das suas praias, cantís e sistemas dunares.
O percorrido está previsto que se divida en dúas partes, unha pola mañá ata a hora de comer (cada quen ten que levar a súa comida ou pode comer no restaurante) e outro, voluntario, pola tarde.
Cómpre lembrar que a saída é da estación marítima. As 9:00 pasase lista para as 10:00 embarcar. É necesario levar protección solar, gorra, auga suficiente para todo o día. Tamén cómpre recordar que na illa non se pode depositar lixo e, por tanto, convén levar bolsas para que cada quen recolla os seus resíduos.