Despois de percorrer os sistemas dunares de Vigo e Cíes, o terceiro previsto é o de Cangas.
Comenzamos o percorrido na aldea de Donón,
situada o pé do monte Facho, ca costa da Vela ós seus pés. Na primeira parte do percorrido teremos unhas
fermosas vistas da ría de Vigo dende a parte Sur. Despois baixaremos ata o nivel do mar para facer un percorrido polo
sistema dunar de Barra e Nerga.
Comenzando na Praia iremos alonxándonos de ela para ver como cambia a
vexetación, ata chegar á zona de trasduna, pola que continuaremos ata a praia
de Nerga. Aquí pararemos para xantar e
repoñer forzas.
Pola tarde reanudaremos ó camiño, seguindo a
costa continuamos cara o interior da ría e atravesaremos fermosos
tramos de costa e praias como a dos Castros, a de Temperáns, A Area das moscas
ou a praia de Liméns. Remataremos na
praia de Areamilla, xa moi preto de Cangas.