Escomeza o mes de xuño coas observacións nocturnas e co achegamento aos ecosistemas de montaña, nomeadamente Serra de Ancares.
1. Observación nocturna: Serra do Galiñeiro
2. Percorrido medioambiental pola Serra de Ancares (quenda 2: 8-9 de xuño) (ver documento adxunto)
Arranca a preincrición para a segunda quenda, onde só poden asistir maiores de idade. O proceso de inscrición será: - Preincrición no 010 de luns a xoves pola mañá.
- Inscrición definitiva na Casa da Xuventude (López Mora 31) en horario de 10-14 e 17-20, abonando un anticipo de 15 euros. Descargar ficha aqui.
- As baixas que se produzan e as persoas que non cumprimenten a inscrición definitiva serán substituídas pola lista de agarda en estrito orde de preinscrición dende o xoves pola tarde ata o mércores da semán que ven pola mañá, que será cando se peche o proceso.
- O mércores 5 de xuño terá lugar unha charla en Vigozoo, as 19:00, para explicar a actividade a desenvolver, o equipamento a levar e organizar as habitacións.

O día 1 de xuño, a partir das 20:30 -para saír as 21:00-, faremos un percorrido nocturno pola Serra
o Galiñeiro, concretamente pola parte sur.
Comenzaremos en Erville dende onde iremos ata a Virxe das Neves, onde
disfrutaremos dunha extraordinaria panorámica do val da Louriña ó solpor.
Continuaremos o camiño rodeando o Coto Mediodía, ata
chegar a un merendeiro cunha fonte, onde colleremos forzas para continuar ata a
cima da Loma da zorra ou galiñeiro Sur.
Aquí poderemos observar o ceo nocturno e as estrelas e constelacións propias de esta
época do ano.
Remataremos o percorrido en Vilaverde, onde nos
recollerán os autobuses, a hora estimada de chegada a praza do Rei será a 1:30
aproximadamente.