De cara a evitar situacións indesexadas no proceso de inscrición nos percorridos medioambientais de Camiño a Camiño lembramos os criterios que se aplicaran a partir das próximas actividades:
- As persoas inscritas nun percorrido no 010 que por calquera motivo teñan que anular a súa inscrición, teranno que comunicar de novo ao 010. Deste xeito liberanse as prazas e pódense dispor delas para persoas da lista de agarda.
- Aquelas persoas que non cumpran co criterio anterior pasaran á lista de agarda nas inscrición dos seguintes percorridos da tempada. Este criterio xa será aplicado no caso deste fin de semana pasado no percorrido por Cíes.
- Nos percorridos que se prevea unha elevada afluencia (Sistema dunar en Corrubedo, Ecosistemas de montaña en Ancares), o procedemento de inscrición será o seguinte:
a) Preinscrición no 010, de luns a mércores pola mañá.
b) Inscrición definitiva ata o mércores pola mañá na Casa da Xuventude (López Mora 31, de 10 a 14 e de 17 a 20) co pago da inscrición correspondente
c) No caso de non realizarse a inscrición definitiva ou de facer anulación, asignaranse prazas a través da lista de agarda, tendo nese caso que facer a inscrición definitiva durante o xoves e venres pola mañá.