Xunto co voluntariado urbano en Lagares e areais que se está realizando os mércores, venres e sábados, a partir deste mes de abril colleu forza o voluntariado en Vigozoo e en en Cíes.
Voluntariado en Vigozoo
Coa realización do curso específico de voluntariado en Vigozoo esta fin de semana pasada, iniciase unha programación de actividades relacionadas cos tres ámbitos de traballo previsto: educación, investigación e conservación, e benestar animal.
Para escomenzar bótanse a andar hoxe mércores a programación de actividades de enriquecimento ambiental as fins de semana e os traballos relacionados co comportamento do lobo.
Voluntariado en Cíes
Durante o mes de abril, dentro da colaboración da Concellería de Medio Ambiente e o Parque das Illas Atlánticas, todas as fins de semana está acudindo un grupo de 9 voluntarios e voluntarias ás Illas Cíes. Durante o mes de abril está programada erradicación de Arctotheca calendula, antes de que inicie a polinización. Tamén accións de conservación. As fotografías destas accións están no apartado Fotos Voluntariado 2013.
Durante o mes de maio, ás accións de conservación e limpeza habituais, engadirase unha nova liña de actuación: seguimento da poboación de coello e de lagarto arnal. Para formarse ao respecto está previsto realizar no auditorio do Parque das Illas Atlánticas (rúa Oliva 3) unha charla formativa o martes 30 de abril, as 19:00, a cargo de persoal técnico do parque.