O segundo trimestre principia cos percorridos medioambientais polas concas fluviais a carón da Serra do Galiñeiro.
Neste domingo, 7 de abril, saímos do concello de Vigo seguindo o curso do río Zamáns. Este río tras saír do encoro de Zamáns baixa polo concello de Gondomar, onde tributa no río Miñor.
Este percorrido transcurre pola conca do Miñor, parte da cal pertence ó Concello de Vigo, seguindo o val Miñor. Este val foi dende sempre unha vía de comunicación entre o noso Concello e os veciños de Gondomar, Nigrán e Baiona.

O río Miñor forma un val amplo e aberto, que se abre ó
mar na Ría ou enseada de Baiona. O val Miñor,
de relevo suave, fértiles terras con abundancia de auga e benigno clima foi
habitado dende antigo, como testemuñan numerosos asentamentos castrexos e fortificacións
medievais, como as do Monte Castelo no Outeiro dos Mouros e a do Galiñeiro.
Hoxe en día é unha zona moi humanizada, densamente
poboada, pero que mantén unha riqueza natural destacable. Un dos principais valores son os ríos Zamáns
e Miñor, que manteñen fermosos e ben conservados bosques de ribeira, así como
importantes zonas húmidas a escala Rexional, como é a Foz da Ramallosa, que
está catalogada como LIC (Lugar de Interés Comunitario) da rede de espazos
naturais europeos Natura 2000.
Tamén as serras e montes que delimitan o val albergan un
grande valor natural e paisaxístico, ademais de estar inzadas de restos
arqueolóxicos como castros, mámoas e petroglifos. Destacan no Oeste e Norte os
Montes Alba ou San Bartolomeu, Cepudo, Canaval, Monte Calvo ou o Monte
Castelo. Polo Este e o Sur temos os
cumes da Serra do Galiñeiro, e os Altos de San Martiño ou do Cereixo
Teremos tamén unha vista distinta, á que non estamos
afeitos, da serra do Galiñeiro, que compartimos con
Gondomar. Mesmo o Aloia e visible
durante boa parte do percorrido.