O primeiro sistema dunar que se vai visitar é o do Concello de Vigo, facendo un percorrido dende Cabo Estai ata Tombo do Gato, pasando polas praias de o Vao e de Samil. Terase ocasión de explicar a lóxica dos distintos tipos de dunas e particularmente o caso de Vigo.
Tamén se terá ocasión de ver no Tombo do Gato o traballo que o voluntariado de Camiño a Camiño está facendo na erradicación dunha especie vexetal invasora como é a margarita africana (Arctotheca calendula).

Con motivo da
celebración do día da nai, o percorrido será un pouco mais curto do normal, e a
hora estimada de chegada á praza do Rei serán as 13:00 aproximadamente.