Iníciase o mes de marzo coa programación de cursos en Vigozoo. Máis de 100 persoas participaron activamente tanto no curso de hortas urbanas como no curso de iniciación ao voluntariado medioambiental. A Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, deu a benvida a todos os participantes e compatiu con eles interesantes sesións relacionadas coa temática de cada un dos cursos.
No curso de voluntariado participou Xurxo Márquez, voluntario de camiño a camiño dende o inicio, que deu a coñecer a súa experiencia dende o inicio fai dous anos e animou aos participantes a que se "engancharan" ao voluntariado medioambental a partir do sábado 9 de marzo, no Lagares.
Nas hortas, aparte dos contidos teóricos, fixéronse diversas sesións prácticas como demostración do que se vai vivir no momento de incorporación nas hortas-escola previstas. Mesmo os acompañantes máis cativos tiveron ocasión de disfroitar da prezosa mañán en Vigozoo.