Todos quedamos impresionados cos tornados desta fin de semana na ría de Vigo (Faro de Vigo) e os que participaron do percorrido do domingo tamén comprobaron en propias carnes as inclemencias do tempo.
De todos os xeitos, a pesar da climatoloxía e de ter que suspender voluntariado e hortas, aínda se aproveitou para que case 100 persoas pasaran polas accións formativas en Vigozoo. A Concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, aproveitou a ocasión para animar aos asistentes a participar nas actividades programadas.
Tamén Edu, voluntario de Camiño a Camiño, comentou a súa experiencia durante este último ano. Os asistentes a curso de hortas poideron experimentar no invernadeiro como progresan os semilleiros que se están preparando para as hortas
O paseo polo río Barxa deixa boas imaxes como as que se adxuntan ou as que se colgan no album.