Vendo a expléndida mañán deste domingo en Vigo, só cabe preguntarse como é que todos os pronósticos climatolóxicos pintaban unha fin de semana tremendamente oscuro. Pois resulta que, anque normalmente acertan, as veces no o fan e tocou comprobalo hoxe.
Sexa como fore, e a pesar das suspensións parciais de actividade, o certo é que resultou gozosa a ruta ao longo do rego do Bao e comprobar o porqué habitualmente nas montañas da liña de costa chove a miudo ou como a zona húmida do Bao é unha auténtica reserva natural do Concello de Vigo.
O sábado celebrouse o terceiro curso de hortas urbanas e os asistentes deleitaronse coas explicacións proporcionadas (que pouco a pouco estanse colgando na solapa "Hortas urbanas de Vigo") e coa exposición do traballo realizado ata agora nas hortas de Camelias, Fontáns (Ramón Nieto) e, dende esta semana, en Pedro Alvarado (Teis).