A Concellería de Medio Ambiente ven de acordar co Parque das Illas
Atlánticas un programa de actuacións de voluntariado medioambiental nas
Illas Cíes para o ano 2013.
En virtude a este acordo dúas accións son
inmediatas:
1. Acción de repoboación: xoves 28 febreiro e venres 1 marzo, incluída o desprazamento e a dormida na illa, sendo a alimentación a cargo do voluntariado. 9 prazas
2. Accións de erradicación de arbóreas invasoras e transplante de arbóreas autóctonas e Acción de creación de charcas.
Quenda 1: sábado 9 e domingo 10 de marzo
Quenda 2: sábado 16 e domingo 17 de marzo.
En ambos casos inclúese o desprazamento e a dormida na illa, sendo a alimentación a cargo do voluntariado. 9 prazas/quenda
Para organizar estas accións e presentar outras accións previstas de voluntariado de Camiño a Camiño, convócase ao voluntariado que ten asinado o correspondente acordo para unha xuntanza o vindeiro sábado 23 de febreiro, as 12:00, en Vigozoo.